Colección de calzado artesán primavera/verán 2016

[su_custom_gallery source=”media: 1417,1372,1377,1362,1432,1422,1387″ link=”lightbox” title=”never”]

Aproveitando o inicio das rebaixas, presentamos, no noso blog, os zapatos artesáns que forman parte da colección primavera/verán de 2016.

Como é habitual no noso calzado, trátase de zapatos para home ou muller fabricados a man en España, e cosidos mediante a técnica Goodyear ou dobre cosido. Este método de fabricación permítenos asegurar o máximo confort e un acabado perfecto.

Nesta colección incluímos modelos de tipo blucher, mocasíns e zapatos oxford, tanto para cabaleiro coma para señora. Unha colección de 17 zapatos artesanais que se atopan actualmente con descontos de ata un 20%, tanto para clientes do noso comercio, situado en Monforte de Lemos, coma para clientes da nosa tenda online.

0
    0
    Tu carrito
    Su carrito está vacíoVolver a la tienda