Monforte de Lemos pasou dos 1.200 empregados na industria do calzado para dispoñer de só 41 na actualidade.

[su_carousel source=”media: 8379,8383″ link=”lightbox” height=”200″ items=”2″ title=”no” arrows=”no” mousewheel=”no” autoplay=”0″]

Os retornados de Cuba fundaron as primeiras empresas. O gremio do calzado cumpre 108 anos de vida, cando comezaron a funcionar as primeiras fábricas. Tras o desastre da guerra de Cuba, regresaron a Monforte emigrados e combatentes na illa caribeña. Entre eles atopábanse os primeiros industriais que comezaron a facer calzado en serie. É o caso de José López Rodríguez, fundador de Losal e cuxa empresa leva actualmente o seu bisneto, o que a converte na máis antiga da cidade.

A mediados d século XX había 22 fábricas e a día de hoxe soamente están abertas dúas.

A cidade do Cabe dispoñía, a mediados do século XX, dun puxante sector do calzado. Hai 70 anos, segundo recóllese na hemeroteca da época, funcionaban un total de 22 fábricas dedicadas a realizar botas e zapatos, pero tamén 6 de zocas tradicionais, outras tantas de cortes e aparados e 2 factorías dedicadas ó curtido de peles. En total, o número de empregos que xeraba esta actividade industrial, á que se lle sumaban empresas dedicadas á fabricación de puntas e colas, situábase ó redor dos 1.200. Hoxe soamente hai 41.

O calzado saía de Monforte de Lemos con destino a toda España ó ser recoñecido pola súa calidade e durabilidade, pero o sector comezou a ir a menos debido a que moitas empresas non souberon adaptarse ós novos tempos, a aquilo que demandaba o mercado.

Idade Media. O estudoso da historia monfortina Felipe Aira sinala que xa na Idade Media había unha puxante actividade zapateira na cidade.

O resultado foi que a principios dos anos 90 do século pasado, en Monforte xa só funcionaban unha decena de firmas, ás que se lles propuxo, dende a Xunta de Galicia, unirse nunha empresa participada, idea que non callou.

Na actualidade, na cidade soamente teñen actividade dúas firmas, que suman 41 empregados.

Unha é Calzados Losal, con 17 traballadores, dedicada á elaboración de calzado de moda, confeccionado de forma artesanal e coa técnica do cosido “Goodyear”, propia de Monforte. A outra empresa é Curtidos Galaicos, con 24 empregados e que anos atrás decidiu especializarse no calzado de seguridade.

Os responsables de ambas empresas, Gonzalo López Otero e Ovidio Pérez Reñones, respectivamente, non dubidan en sinalar, como culpables do desmantelamento do sector, tanto a falta de modernización das factorías como o non producirse unha substitución xeracional.

Ambas cuestións foron asumidas por estas dúas factorías, onde xa traballan os fillos dos seus responsables e nas que se fixo un oco ás novas tecnoloxías.

Vía | El Progreso

A mediados d século XX había 22 fábricas e a día de hoxe soamente están abertas dúas.

0
    0
    Tu carrito
    Su carrito está vacíoVolver a la tienda