Carrito

Política de calidade e medioambiente

INDUSTRIAS LOSAL, S.L. é unha empresa dedicada principalmente á fabricación de calzado, que, conscientes do alto nivel de esixencia do mercado e o grao de competencia hoxe en día, consideramos, como principios básicos de xestión, a realización das nosas actividades cun alto nivel de calidade e servizo, que permita asegurar a obtención duns resultados de acordo con:

  • Os requisitos esixibles polo cliente.
  • Aqueles requisitos legais aplicables e outros requisitos que a organización subscriba relacionados cos seus aspectos ambientais.
  • A prevención da contaminación e o respecto ó medio ambiente.

Por iso, comprometémonos e buscamos, como obxectivos xerais:

  • Cumprir coa normativa nacional e internacional aplicable, e, sempre que sexa posible, ir máis aló dos requisitos que a organización subscriba.
  • Implantar un sistema integrado de xestión da calidade e o medio ambiente, e de mellora continua do comportamento e a eficacia do sistema integrado de xestión.
  • Compromiso de satisfacer os requisitos establecidos polos nosos clientes e obter un alto nivel de satisfacción.
  • Reducir os aspectos ambientais asociados á actividade desenvolvida por INDUSTRIAS LOSAL, S.L. (residuos, emisións, consumos, verteduras, emerxencias), prestando especial atención á xestión daqueles aspectos significativos.
  • Realizar unha xestión adecuada dos residuos xerados, realizando, sempre que sexa posible, unha redución en orixe.
  • Formar e informar ós traballadores co fin de alcanzar un alto nivel de calidade, mediante a familiarización coa documentación do sistema de xestión da calidade e ambiental. Aínda que estes Obxectivos son xerais nas reunións do Sistema pola Dirección, establécense obxectivos cuantificables para un período de tempo determinado, tanto para Calidade como para a xestión Ambiental, incluíndo todas aquelas evidencias obxectivas que demostren a súa consecución, a/s persoa/s responsables e os medios necesarios para conseguilos.
  • A presente política integrada está a disposición do público en todo momento, é comunicada e difundida entre os membros da nosa organización e revisada periodicamente, pola dirección, para a súa continua adecuación.

Dirección de INDUSTRIAS LOSAL, S.L.
En Monforte, a 01 de Abril de 2011

cleventy_suscribe_title