Traballando na nova colección outono-inverno 2017/2018.

Se por algo se caracterizan os meses de febreiro e marzo para Calzados Losal é pola preparación e presentación da próxima colección outono-inverno 2017/2018.

Axuntando a tradición de máis de 100 anos de historia coa que conta a nosa empresa e a adaptación ós novos avances tecnolóxicos, somos capaces de preparar, nunhas poucas semanas, toda unha nova colección acorde ás modas que corren hoxe en día.

Dende sempre a nosa empresa apostou pola fabricación íntegra nas nosas instalacións; é por iso que un zapato Losal, dende o seu deseño ata o su envío, fabrícase na nosa fábrica de Monforte de Lemos (Lugo – España).

Como bos zapateiros artesáns, os nosos mestres deseñadores sempre adaptaron as novas modas de calzado á nosa singular fabricación Goodyear ou de dobre cosido, 100% artesanal e moi laboriosa.

0
    0
    Tu carrito
    Su carrito está vacíoVolver a la tienda