Carrito

Confort e comodidade nos nosos zapatos

Materia prima e rigorosos controis de calidade garanten uns zapatos perfectos de gama alta

Dende 1.899 a nosa empresa distínguese polos seus produtos da máis alta calidade. Unindo a tecnoloxía máis avanzada coas nosas técnicas artesanais obtemos un calzado de maior calidade, resistencia e comodidade; sen descoidar o deseño.

Toda a nosa experiencia ó longo de máis de 100 anos no serviría para nada se non utilizásemos materiais da mellor calidade. Os nosos zapatos están fabricados con materias primas de primeira calidade e superan rigorosos controis de calidade da industria do calzado.

Seleccionamos as peles, principalmente, nas mellores tenerías de España, Francia, Alemaña e Italia. Por iso temos unha selección moi ampla de peles. Ademais, contamos coa patente de uso dunha das peles máis exclusivas e demandadas do mercado, como é o Sympatex.

Todas as nosas materias primas, a nosa maquinaria e os nosos produtos finais superaron todos os controis de calidade que a industria do calzado española establece nas súas normas.

zapatos comodos y de calidad

Dende o deseño dos modelos ata o empaquetado final, coidamos cada par con agarimo e sumo coidado para que sempre que te calces uns zapatos Losal sintas ese confort, naturalidade e calidade que os caracteriza.

As mesmas mans que fai 100 anos, o mesmo paisaxe da nosa cidade, a mesma atención polos pequenos detalles, o mesmo agarimo e dedicación. O mundo cambiou, pero non o fixeron os nosos valores, a nosa filosofía nin como fabricamos en Calzados Losal.

Os factores que establecemos, como norma básica, dentro da nosa empresa para asegurar o confort en todos os nosos produtos son:

1. Correcto axuste:

  • Adaptación do calzado ó tamaño e forma do pé.

2. Factores biomecánicos:

  • Adaptación do calzado ós movementos fisiolóxicos do pé.
  • Capacidade de amortecer impactos.
  • Características de fricción entre o calzado e o chan.
  • Distribución de presións.

3. Factores climáticos:

  • Illamento térmico.
  • Regulación de temperatura.
  • Control da humidade.
  • Ventilación.

cleventy_suscribe_title