Acerca de Calzados Losal

Calzados Losal

Tradición e calidade dende 1899

TRADICIÓN E RAICES

Industrias Losal, S.L. está situada en Monforte de Lemos (Lugo), rexión moi vinculada á fabricación de calzado en Galicia.

Esta empresa foi fundada en 1.899, cando José López Rodrí­guez comeza a fabricar, de forma artesanal, zapatos e botas a medida, sempre cosidos e con materiais de primeira calidade.

A partir de 1.915, coa incorporación dos seus fillos, amplía a fábrica; e nos anos 30 comeza un proceso de modernización e crecemento continuado que chega ata hoxe, coa cuarta e quinta xeración familiar, que manteñen a aposta da fabricación dun calzado de calidade e buscando unha consolidación e crecemento da empresa no mercado nacional, comezando un proceso de internacionalización coa apertura a novos países.

A adquisición de maquinaria punteira nos últimos anos, o gran crecemento do sector do calzado e a experiencia acumulada nestes máis de cen años de existencia fan que este calzado, de calidade e duradeiro, sexa recoñecido en moitos lugares. Ademais, os modernos equipos da empresa, xunto coa alta capacitación do persoal, fan que sexa posible a fabricación de pedidos importantes nun breve período de tempo; algo impensable non fai moito debido á laboriosidade e dificultade na elaboración do calzado cosido.

CALIDADE COMO FILOSOFÍA

A nosa firma dedícase á elaboración de calzado de cabaleiro e de señora co sistema de fabricación GOODYEAR ou dobre cosido. A gama de produtos que elaboramos inclúe zapatos, botas de cremalleira, botas de montaña e botas de sendeirismo ou tempo libre.

A nosa premisa fundamental é a CALIDADE, debido ó cal todos os nosos artigos están fabricados baixo uns rigorosos controis, que fan que o noso produto sexa de gran confort e resistencia ó paso do tempo.

Así mesmo, é norma na nosa casa o empregar os mellores materiais para, desta forma, aplicar a nosa política de calidade recoñecida polos nosos clientes. Actualmente estamos nun proceso de internacionalización no que queremos dar a coñecer os nosos produtos en distintos paí­ses membros da Unión Europea, co fin de introducirnos nestes mercados. Para isto, acudimos a feiras internacionais como Madrid, Oporto, Düsseldorf, Moscova ou Milán, a expoñer os nosos artigos onde, pouco a pouco, vamos recollendo os resultados e o recoñecemento á mellora en calidade do artigo e do servizo que estamos dando. A competencia é enorme, pero facendo as cousas ben, a fidelidade dos clientes está asegurada.

Gonzalo López
Director de Calzados Losal S.L.