Calzado GOODYEAR WELTED

Zapatos GOODYEAR WELTED

Calzado GOODYEAR WELTED feito a man con dobre cosido

CALZADO DE FABRICACIÓN GOODYEAR WELTED

O proceso de fabricación dun zapato LOSAL é complexo, laborioso e necesita de alta dose de paciencia e coidado do detalle ó longo das máis de 250 tarefas por cada zapato, que, de maneira manual, realizan os nosos artesáns.

Empregamos só os mellores materiais e seguimos a técnica artesanal de cosido GOODYEAR WELTED. Trátase dun método de fabricación custoso e artesanal, que require da intervención do home, sinónimo dun zapato de calidade. De feito, os expertos en calzado aseguran que o singular proceso de cosido GOODYEAR WELTED é o mellor método para fabricar un bo zapato.

fabrica calzado goodyear

CARACTERÍSTICAS DO CALZADO GOODYEAR WELTED

Aínda que nun principio é un calzado que amosa certa dureza, tras un breve período de tempo, vólvese nun zapato máis cómodo, adaptándose como unha luva ó seu propio pé. Segundo os expertos neste tipo de cosido, a FABRICACIÓN GOODYEAR WELTED presenta as seguintes vantaxes:

  • CONFORT: a cavidade que crea a costura entre a sola e o piso énchese dunha cortiza aglomerada que adopta a forma do pé.
  • ILLAMENTO: a cortiza aglomerada confire un eficaz illamento térmico e protexe o pé.
  • FLEXIBILIDADE: a construción con vira é dunha gran adaptabilidade para todo tipo de calzado, usos e modas.
  • RESISTENCIA: polas propiedades que achega a vira, combínanse duración e comodidade.

ORIXEN DA FABRICACIÓN GOODYEAR WELTED

Cando falamos do cosido GOODYEAR ou DOBRE COSIDO, facemos referencia a un proceso inventado en Inglaterra en 1869 polo artesán inglés Charles Goodyear, que consiste fundamentalmente nun dobre cosido interior-exterior que une a pel co piso:

  • No primeiro cosido, ou cosido interior, fixamos o corte coa palmilla, á cal lle colocamos, previamente, unha vira de coiro vacún.
  • No segundo cosido, ou cosido exterior, fixamos a vira antes mencionada coa entresola; e finalmente pegamos o piso.
zapatos artesanos fabricados españa

Entre as dúas partes en que queda dividido o zapato colócase unha capa de cortiza aglomerada que actúa como illante térmico (frío, calor e humidade). As características de adaptabilidade da cortiza aglomerada permiten, co uso, formar a pegada do pé. Prodúcese unha adaptación perfecta da planta interior e a cortiza á morfoloxía do pé, o cal proporciona un máximo confort ó calzado.

Definicións para unha mellor comprensión do proceso de fabricación GOODYEAR WELTED:

  • CORTE: consta tanto da pel exterior como da pel interior (forro).
  • PALMILLA: é a base do zapato. É unha soleta de sola de entre 2,5 e 3,5 milímetros sobre a que se monta o zapato.
  • VIRA: é unha tira de coiro de 3 milímetros de grosor que une o corte, a soleta e a entresola.
  • ENTRESOLA E PISO: o primeiro é unha soleta de goma de 4 milímetros de espesor, mentres que o piso pode ser de goma ou de sola natural.