O calzado monfortino chega ó mercado de Hong Kong.

O calzado artesanal que a firma Calzados Losal realiza dende fai 120 anos en Monforte chegou a China. No pasado mes de marzo, na feira internacional deste sector que se celebra en Milán (Italia), os monfortinos contactaron con dous grandes vendedores, un situado en Hong Kong e outro en Pequín, que lles pediron unhas mostras para avaliar se os zapatos eran do agrado dos seus clientes.

O si foi rotundo e a Hong Kong Calzados Losal acaba de enviar unha remesa de 150 pares de zapatos de muller. “É a primeira vez que dende o mercado estranxeiro pídennos unha remesa deste tipo, pois a maioría da nosa fabricación céntrase no calzado de home”, declarou Gonzalo López, responsable de vendas e quinta xeración da empresa familiar monfortina.

“O zapato de muller é un produto no que estamos a facer cousas moi interesantes, con deseños modernos sen afastarnos da calidade. Quizá estea aí o interese do empresario de Hong Kong e, tal vez, póidanos abrir novas portas no mercado exterior“, destacou Gonzalo López.

Polo que se refire o mercado de Pequín, alí enviaron 300 pares de cabaleiro. López manifestou que o seu comprador esixe “calzado fabricado en España, feito a man e con peles e outros materiais de alta calidade”, uns requisitos que reúne todo o que sae de Calzados Losal.

Estes son os que permiten que Calzados Losal forneza de calzado ás zapaterías máis exclusivas de varios países europeos e suramericanos, e agora asiáticos, para calzar a personalidades da vida política e cultural.
Gonzalo López calificou de “excelente” a súa participación na terceira edición do programa ViaExterior, posto en marcha pola Zona Franca de Vigo. Foi unha iniciativa que tivo como fin promover a internacionalización das pequenas e medianas empresas galegas.

Nela participaron un total de 20 de diferentes sectores, das que dúas foron monfortinas e ambas relacionadas co mundo do calzado. Tratouse de Calzados Losal, unha factoría creada na cidade en 1899, e Curtidos Galaicos, cunha traxectoria que arrincou en 1951 e que dende hai anos centrou a súa actividade na confección de calzado de seguridade.

Noticia completa aquí

0
    0
    Tu carrito
    Su carrito está vacíoVolver a la tienda