Calzados Losal recoñecido como Artesanía de Galicia.

Recentemente a nosa empresa recibiu o recoñecemento como taller artesanal dentro da Fundación Centro Galego de Artesanía e de Deseño.

Dita Fundación é unha entidade sen ánimo de lucro que depende da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Entre os seus cometidos primordiais atópase o desenvolvemento de liñas de investigación destinadas a especializar e perfeccionar técnicas de elaboración que permitan mellorar a calidade dos produtos artesanais, ademais de optimizar o proceso produtivo, xa que se entende que a innovación, o deseño e a calidade son as bases coas que conta a artesanía para sobrevivir.

O principal fin da Fundación, creada no ano 2003, é dotar o sector artesanal dunha infraestrutura especializada para que poida desenvolver programas de asistencia, formación, innovación, catalogación, promoción, comercialización e calquera outro aspecto inherente á cultura dos oficios artesanais en Galicia.

Máis información: Artesanía de Galicia

0
    0
    Tu carrito
    Su carrito está vacíoVolver a la tienda