Calzados Losal participa na convención España Creativa 2016

[su_carousel source=”media: 3378,3375,3372,3369,3366,3363″ title=”no” autoplay=”3000″]

O día 2 de xullo iniciábanse as exposicións no Parador de Monforte de Lemos, organizadas polo C.C.U., dentro do marco de actividades da convención “Constitución da rede de cidades e territorios creativos de España”.

Calzados Losal, como empresa referente no sector do calzado, presentou algúns dos seus deseños nun evento ó que asistiu máis dun centenar de persoas, e que incluía tamén conferencias e mesas redondas, que se desenvolveron durante todo o día.

Nas devanditas conferencias, os relatores falaron en clave local, e resaltaron a loita, soidade e esforzos das empresas innovadoras en calquera sector, pero especialmente no mundo da moda. Tamén destacou a gran relevancia das empresas galegas neste sector, tanto pola súa tradición artesá como pola súa constante renovación e reinvención.

Como destacamos durante a convención, a marca Losal leva fabricando calzado da máxima calidade dende fai máis de 100 años, e nos seus procesos combina metodoloxías e técnicas artesanais coa innovación e deseño das novas tendencias na moda do calzado.

0
    0
    Tu carrito
    Su carrito está vacíoVolver a la tienda