Calzados Losal, unha das 1.400 empresas que participou na feira MICAM87.

[su_carousel source=”media: 17925,17928,17931″ link=”lightbox” height=”200″ items=”3″ title=”no” arrows=”no” mousewheel=”no” autoplay=”0″]

CALZADOS LOSAL foi unha das 1.400 empresas de todo o mundo que participou en MICAM87, unha feira internacional de calzado que tivo lugar na cidade italiana de Milán os días 10-13 de febreiro.

Con 182 expositores, España foi o segundo país en número de participantes na feira.

A feira italiana de calzado recibiu a visita de 43.000 profesionais; dos cales o 60% foi estranxeiro.

Nesta ocasión a nosa empresa presentou a próxima colección outono/inverno 2019/2020; centrándonos no noso particular método de fabricación coñecido como GOODYEAR WELTED, un proceso laborioso e 100% artesanal.

0
    0
    Tu carrito
    Su carrito está vacíoVolver a la tienda