Logos e certificacións

Logos e certificacións

As nosas certificacións

SYMPATEX

O certificado de Sympatex é un documento, expedido por Sympatex Technologies GmbH, que acredita a unha empresa para fabricar zapatos impermeables de acordo coas pauta técnicas establecidas por Sympatex.

PEME INNOVADORA

O logo de PEME Innovadora é un certificado, expedido polo Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España, que acredita a unha empresa que demostrase un carácter innovador, mediante a súa propia actividade.

CERTIFICADO ESTABLECEMENTO COMERCIAL MÁIS LONXEVO

O Certificado ó Establecemento máis lonxevo é un documento, expedido pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, que acredita ó establecemento máis antigo do Centro Comercial Urbano de Monforte de Lemos (Lugo).

CARTA DE ARTESÁN

A Carta de Artesán é un documento, expedido pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, que acredita a unha persoa física que desenvolve a súa produción artesanalmente.

TALLER ARTESANAL

A Carta de Taller Artesanal é un documento, expedido pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, que acredita a unha empresa que desenvolve a súa produción artesanalmente.

ISO 9001

A ISO 9001 é unha norma internacional que se aplica ós sistemas de xestión de calidade, e que se centra en todos os elementos de administración de calidade cos que unha empresa debe contar para ter un sistema efectivo que lle permita administrar e mellorar a calidade dos seus produtos ou servizos.

Os clientes inclínanse polos provedores que contan con esta acreditación porque deste xeito asegúranse de que a empresa seleccionada dispoña dun bo sistema de xestión de calidade.

ISO 14001

A ISO 14001 é unha norma internacional de sistemas de xestión ambiental, que axuda á súa organización para identificar, priorizar e xestionar os riscos ambientais como parte das súas prácticas de negocios habituais.