Información adicional
Talla | 35, 36, 37, 38, 39, 40, 41 |
---|
Artesanos
80,00 €
Mocasín de 1 fibela para muller. O mocasín de fibelas debe o seu nome ó feito de que lembra ás sandalias dos monxes. É un modelo versátil que pode ser elegante e clásico ou deportivo e informal, en función da súa pel e cor. É un zapato pechado con unha vistosa fibela, a súa horma tende a ser ampla e confortable. Na actualidade, son un dos calzados máis demandados.
Este modelo está fabricado cun acabado en pel serraxe/ante de procedencia alemá e en pel de tenreira de procedencia española, e cun interior forrado en pel de becerro.
Este zapato está fabricado coidadosamente por artesáns expertos e seguindo as mesmas técnicas de fabricación LEMOS que utilizaban os nosos antepasados fai máis dun século.
Referencia: 1192
Horma: 173
Produto: Mocasín 1 fibela
Cor 1: Ante Rosa
Cor 2: Floral
Forro: Pel
Piso: Goma
Fabricación: Lemos
Material exterior: Pel natural premium de procedencia alemá e española, polo que o modelo resulta incriblemente transpirable e resistente. Calidade garantizada por Calzados Losal dende 1899.
Material interior: Pel natural transpirable que se adapta ó pé en cada pisada e non produce rozaduras.
Material da sola: Goma antiescorregadiza, amortiguación e tracción aseguradas. Seguro que lle sacarás o máximo partido á innovadora sola deste zapato. É incriblemente cómoda e flexible ó camiñar.
Peche: Peche sen cordóns.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.