Blucher / Derby
IDAHO
Zapato blucher para home. O zapato blucher é un tipo de calzado de cordóns ancho e aberto, con dúas cañetas, que ofrece unha comodidade absoluta.
Este modelo está fabricado cun acabado en pel de tenreira de procedencia italiana e cun interior forrado en Sympatex, unha membrana 100% impermeable de orixe alemá.
Este zapato está fabricado coidadosamente por artesáns expertos e seguindo as mesmas técnicas de fabricación GOLF que utilizaban os nosos antepasados fai máis dun século.
Referencia: IDAHO
Horma: 98
Produto: Blucher / Derby
Cor: Marrón
Forro: Sympatex (membrana impermeable)
Piso: Goma
Fabricación: Golf
Material exterior: Pel natural premium de procedencia italiana, polo que o modelo resulta incriblemente transpirable e resistente. Calidade garantizada por Calzados Losal dende 1899.
Material interior: Membrana de Sympatex 100% impermeable e transpirable que se adapta ó pé en cada pisada e non produce rozaduras.
Material da sola: Goma antiescorregadiza, amortiguación e tracción aseguradas. Seguro que lle sacarás o máximo partido á innovadora sola deste zapato. É incriblemente cómoda e flexible ó camiñar.
Peche: Peche de cordóns, para adaptar o zapato ás súas necesidades de uso.
RENDEMENTO, CONFORT E TRANSPIRABILIDADE SEN PRECEDENTES.
A combinación exclusiva de diversas tecnoloxías innovadoras fará que poidas gozar no green daquilo que máis necesitas, sexan cal sexan as condicións do clima e do terreo. Elaboración cunha horma exclusiva, deseñada tendo en conta a contorna natural do pé e dotada da nosa pioneira tecnoloxía, a cal se adapta de forma anatómica ó pé para ofrecer un nivel de suxeición sen precedentes.
A sola ofrece un rendemento multifunción dividido por zonas grazas á unión de tres seccións diferenciadas e deseñadas para garantir, respectivamente, a estabilidade, a durabilidade e un óptimo nivel de apoio rotatorio.
140,00 €