
Visita do alumnado do Ciclo Superior en Ortoprótesis do colexio Santa Apolonia.
Recibimos a visita do alumnado de segundo ano do Ciclo Superior en Ortoprótesis do colexio Santa Apolonia de Santiago de Compostela.
Durante a súa visita, os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer, paso a paso, os diferentes procesos de fabricación dun zapato LOSAL.
Tamén houbo unha mención especial ós zapatos A MEDIDA; onde puideron comprobar, de primeira man, como se fabrica un zapato para xente con problemas nos pés (dismetrías, xuanetes, dedos en garra, amputacións, etc.).