Calzados Losal presenta os seus novos modelos nunha feira sectorial en Madrid
Noticia recollida no xornal El Progreso, coincidindo coa nosa asistencia á feira Modacalzado, no recinto Ifema de Madrid.
Nesta edición presentamos, como novidade, unha serie de peles para modelos de señora e cabaleiro que se caracterizan polo seu aspecto envellecido, pero que son resistentes á auga. O produto sae ó mercado como unha innovación na que priman o deseño e a confortabilidade.
Noticia orixinal: El Progreso.