Zapatos a medida en talla grande

[su_carousel source=”media: 5584,5590,5581″ link=”lightbox” height=”200″ title=”no” autoplay=”0″]

Este verán aceptamos o reto de fabricar un zapato moi especial para Seydou Aboubacar, actual xogador de baloncesto do Estudiantes Lugo e da selección de Costa de Marfil.

Trátase dun modelo zapato blucher en cor azul, acabado en pel serraxe/ante e un interior forrado en pel, para unha talla 56. Un zapato a medida en talla grande, acorde cunha persoa de 2,07 metros de altura.

Na nosa fábrica traballamos por encargo calquera modelo de zapato, para home ou muller, en tallas especiais, xa sexan tallas grandes ou pequenas. O noso proceso de fabricación artesanal permítenos adaptarnos ás medidas de case calquera pé, abarcando tallas para home desde a 36 á 52, e tallas para muller desde a 33 á 43.

Para as persoas con necesidades especiais no calzado ofrecemos un servizo de zapatos a medida mediante a fabricación dunha horma idéntica ó seu pé, construíndo un calzado ó redor desa horma que encaixa á perfección coas singularidades do cliente.

Estamos encantados de que Seydou goce un dos nosos zapatos en talla grande, feitos a medida polos nosos artesáns.

0
    0
    Tu carrito
    Su carrito está vacíoVolver a la tienda