Zapatos a medida en tallas especiais.

[su_carousel source=”media: 8342,8348,8345″ link=”lightbox” height=”200″ items=”4″ title=”no” autoplay=”0″]

Este inverno a nosa empresa aceptou un novo reto no referente á fabricación de zapatos a medida en tallas especiais.
Toda unha fazaña para unha pequena empresa como a nosa, que nestes 100 anos de historia nunca fabricara un modelo na talla 56.

Trátase de dous modelos, un mocasín de dobre fibela en pel serraxe/ante e un zapato blucher en pel box calf negra. Uns zapatos a medida en talla grande, acorde cunha persoa que emprega unha talla 56.

Na nosa fábrica traballamos por encargo calquera modelo de zapato, para home ou muller, en tallas especiais, xa sexan tallas grandes ou pequenas. O noso proceso de fabricación artesanal permítenos adaptarnos ás medidas de case calquera pé, abarcando tallas para home dende a 36 á 52, e tallas para muller dende a 33 á 43.

Para persoas con necesidades especiais no calzado, ofrecemos un servizo de zapatos a medida mediante a fabricación dunha horma idéntica ó seu pé, construíndo un calzado ó redor desa horma que encaixa á perfección coas singularidades do cliente.

Estamos encantados de superar o reto que supón fabricar uns zapatos nunha talla tan especial como é a 56, e que o noso cliente poida gozar dos nosos modelos en talla grande, feitos a medida polos nosos artesáns.

0
    0
    Tu carrito
    Su carrito está vacíoVolver a la tienda