Categoría: Prensa
Calzados Losal, unha das poucas empresas galegas con máis de 100 anos de historia.
O xornal O Progreso de Lugo realiza unha reportaxe sobre Calzados Losal, unha empresa centenaria con case 120 anos dedicados á fabricación artesanal de calzado na cidade galega de Monforte de Lemos (Lugo).
A reportaxe realizada polo xornal céntrase en aspectos básicos como a peculiar fabricación que leva utilizando Calzados Losal durante todos estes anos; unha fabricación coñecida como Goodyear Welted. Un proceso 100% artesanal e moi laborioso, xa que cada zapato require un total de 250 pasos diferentes.
Corte de audio da nosa entrevista en Onda Cero.
Facilitamos o fragmento de radio correspondente á nosa entrevista en Onda Cero Monforte; onde se comentan puntos importantes sobre a nova liña de zapatos de Calzados Losal relacionada co mundo do golf.
Este ano 2018 iniciou cunha gran novidade para Calzados Losal, xa que despois de infinidade de probas, lanzamos ó mercado esta nova liña de modelos enfocados para o GOLF; un deporte de precisión, onde o zapato, peza indispensable para realizar un mellor swing e stance, convértese nun elemento fundamental, debido á duración e ós quilómetros que se empregan nos partidos.
Podemos dicir que esta nova liña GOLF LOSAL, aparte de ser zapatos 100% artesanais e fabricados integramente en Monforte de Lemos (Lugo – España), superaron con creces as expectativas referentes a:
• COMODIDADE
• IMPERMEABILIDADE
• TRANSPIRACIÓN
• AGARRE
Aparte de todo isto, a utilización dun piso con tacos suaves, feitos de goma, non causa ningún dano ós chans dos campos de golf.
Os medios destacan a aposta pola internacionalización de Calzados Losal.
O xornal “El Progreso” destaca a asistencia de Calzados Losal á feira internacional de calzado que se organiza anualmente en Milán, do 11 ó 14 de febreiro.
Como parte do noso programa de internacionalización, presentaremos a nosa colección de zapatos para a tempada outono-inverno 2018/2019 para home e muller, nun certame no que estarán presentes os mellores fabricantes de calzado a nivel mundial.
Mediante os nosos zapatos artesáns de alta calidade, fabricados integramente en Monforte de Lemos, España, esperamos captar a atención de grandes distribuidores e almacenistas que nos abran as portas a nivel internacional.
Facilitamos o recorte de prensa ó completo para máis detalles sobre a noticia: link.
Monforte de Lemos pasou dos 1.200 empregados na industria do calzado para dispoñer de só 41 na actualidade.
Os retornados de Cuba fundaron as primeiras empresas. O gremio do calzado cumpre 108 anos de vida, cando comezaron a funcionar as primeiras fábricas. Tras o desastre da guerra de Cuba, regresaron a Monforte emigrados e combatentes na illa caribeña. Entre eles atopábanse os primeiros industriais que comezaron a facer calzado en serie. É o caso de José López Rodríguez, fundador de Losal e cuxa empresa leva actualmente o seu bisneto, o que a converte na máis antiga da cidade.
A mediados d século XX había 22 fábricas e a día de hoxe soamente están abertas dúas.
A cidade do Cabe dispoñía, a mediados do século XX, dun puxante sector do calzado. Hai 70 anos, segundo recóllese na hemeroteca da época, funcionaban un total de 22 fábricas dedicadas a realizar botas e zapatos, pero tamén 6 de zocas tradicionais, outras tantas de cortes e aparados e 2 factorías dedicadas ó curtido de peles. En total, o número de empregos que xeraba esta actividade industrial, á que se lle sumaban empresas dedicadas á fabricación de puntas e colas, situábase ó redor dos 1.200. Hoxe soamente hai 41.
O calzado saía de Monforte de Lemos con destino a toda España ó ser recoñecido pola súa calidade e durabilidade, pero o sector comezou a ir a menos debido a que moitas empresas non souberon adaptarse ós novos tempos, a aquilo que demandaba o mercado.
Idade Media. O estudoso da historia monfortina Felipe Aira sinala que xa na Idade Media había unha puxante actividade zapateira na cidade.
O resultado foi que a principios dos anos 90 do século pasado, en Monforte xa só funcionaban unha decena de firmas, ás que se lles propuxo, dende a Xunta de Galicia, unirse nunha empresa participada, idea que non callou.
Na actualidade, na cidade soamente teñen actividade dúas firmas, que suman 41 empregados.
Unha é Calzados Losal, con 17 traballadores, dedicada á elaboración de calzado de moda, confeccionado de forma artesanal e coa técnica do cosido “Goodyear”, propia de Monforte. A outra empresa é Curtidos Galaicos, con 24 empregados e que anos atrás decidiu especializarse no calzado de seguridade.
Os responsables de ambas empresas, Gonzalo López Otero e Ovidio Pérez Reñones, respectivamente, non dubidan en sinalar, como culpables do desmantelamento do sector, tanto a falta de modernización das factorías como o non producirse unha substitución xeracional.
Ambas cuestións foron asumidas por estas dúas factorías, onde xa traballan os fillos dos seus responsables e nas que se fixo un oco ás novas tecnoloxías.
Vía | El Progreso
A mediados d século XX había 22 fábricas e a día de hoxe soamente están abertas dúas.
A monfortina Calzados Losal, a fábrica máis antiga de Galicia.
O pasado mes de setembro recibimos a visita da Fundación TIC de Lugo, que realizaron un vídeo reportaxe sobre a nosa traxectoria como fabricantes de calzado artesanal.
Na reportaxe poderedes coñecer máis detalles sobre a nosa historia, o noso proceso de fabricación artesanal de zapatos, as distintas fases de produción, os nosos plans de futuro e outros datos curiosos e de interese.
Corte de audio da nosa entrevista na Radio Galega
Facilitamos o fragmento de radio correspondente á nosa entrevista na Radio Galega, onde se comentan puntos importantes de Calzados Losal como a nosa tradición de fabricantes de zapato artesán, a transmisión de xeración en xeración do bo facer do calzado, a nosa presenza na feira internacional de Milán e outros datos interesantes ou curiosos da casa.
Entrevista a Calzados Losal en Onda Cero
Onda Cero realiza unha entrevista a Calzados Losal coincidindo co noso regreso da feira THE MICAM, celebrada na cidade italiana de Milán, como única empresa galega, onde expoñemos a nosa experiencia e os resultados obtidos durante os tres días que durou o evento
Os medios destacan a aposta pola internacionalización de Calzados Losal
O xornal El Progreso destaca a asistencia de Calzados Losal á feira internacional de calzado que se organiza anualmente en Milán do 3 ó 6 de setembro.
Como parte do noso programa de internacionalización, presentaremos a nosa colección de zapatos para a tempada primavera-verán do próximo ano, nun certame no que estarán presentes os mellores fabricantes de calzado a nivel mundial.
Mediante os nosos zapatos artesáns de alta calidade, fabricados integramente en Monforte de Lemos, España, esperamos captar a atención de grandes distribuidores e almacenistas que nos abran as portas a nivel internacional.
Facilitamos o recorte de prensa ó completo para máis detalles sobre a noticia:
Os zapatos dos famosos fanse en Monforte
La Voz de Galicia realiza un vídeo reportaxe sobre a traxectoria de Calzados Losal, dende as súas orixes á actualidade.
Na reportaxe poderedes coñecer máis detalles sobre o noso proceso de fabricación artesanal de zapatos, as distintas fases de produción, gamas de calzados e situación actual da empresa, tanto a nivel de clientes e colaboracións, como os nosos plans de expansión para comercializar os nosos zapatos, de máxima calidade, en mercados europeos, xa sexa a través de establecementos físicos ou da nosa tenda online.
Vía | La Voz de Galicia
Distintos medios destacan a visita de Francisco Conde a Calzados Losal
Xunta de Galicia
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións da compañía en Monforte, que abriu as súas portas no ano 1899.
Vía | Xunta de Galicia
La Voz de Galicia
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, realizou onte unha visita á fábrica de Calzados Losal. Conde puxo a esta industria monfortina modelo de empresa familiar, que soubo adaptarse ós novos retos do mercado. No seu percorrido polas instalacións estivo acompañado por Gonzalo López Otero, cuarta xeración da familia que puxo en marcha a fábrica de Calzados Losal. Esta firma iniciou a súa andaina no ano 1899 e, dende entón, confeccionou zapatos de miles de modelos diferentes. Conde referiuse a Losal como «firma decana do calzado en Galicia».
Vía | La Voz de Galicia
El Progreso
Calzados Losal, “Decana do calzado” en Galicia, aspira a elevar as súas vendas un 20%.
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, visitou as instalacións da empresa, en Monforte, e eloxiou a súa aposta pola tradición e a innovación para seguir crecendo.
Vía | El Progreso
Onda Cero
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou esta mañá a fábrica de Calzados Losal. Conde destacou a longa traxectoria da decana das fábricas de calzado galegas, así como a súa aposta pola innovación e personalización como mellor maneira de afrontar o período de crise e o desenvolvemento futuro.
Vía | Onda Cero
Economía en Galicia
Galicia é a terceira comunidade produtora de calzado de España. A monfortina Calzados Losal produce actualmente máis de 9.500 pares de zapatos. Calzados Losal, en Monforte, recibe este luns a visita do conselleiro de Economía, Emprego e Industria.
Vía | Economía en Galicia
Diario de Lemos
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, o monfortino Francisco Conde, visitará mañá, ás doce e media, as instalacións da fábrica de Calzados Losal, situada na monfortina rúa Miguel de Cervantes. A marca Losal leva fabricando calzado da máxima calidade dende fai máis de 100 años, e nos seus procesos combina metodoloxías e técnicas artesanais coa innovación e deseño das novas tendencias na moda do calzado.
Vía | Diario de Lemos